Os edublogs son blogs ("log" en inglés diario) empregados con fins educativos e que son xestionados tanto por alumnos coma por docentes. Poden parecer un apoio, pero realmente son unha ferramenta bastante potente a nivel de aprendizaxe. Hainos tanto individuais coma colectivos.
O tipo de ferramentas existentes para a realización de blogs son: blogspot, wordpress, bligoo, entre outros.
Dentro da pedagoxía constructivista é unha ferramenta que ten un valor educativo moi alto, xa que promove as interaccións non só entre profesor e alumno, senón tamén entre outras entidades sociais. Ademais, axuda a que as moreas de información existentes hoxe en día se poidan reducir en algo máis asimilable. Pero non son algo que polo seu mero uso vaian ser bos, senón que pola contra deben ser empregados debidamente, tendo en conta o enfoque, os obxectivos e a metodoloxía. Tamén se di que son moito máis produtivos os empregados transversalmente entre todas as materias e non só para unha en concreto.
Dende o meu punto de vista, eu empregaríao para publicar noticias, avisos, actividades realizadas nas aulas, propostas de actividades infantís ou eventos interesantes que poidan haber na contorna e incluso enlaces a eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario