Estrutura de un edublog



Dende o meu punto de vista o edublog ideal na etapa de educación infantil é aquel que lles permite aos pais coñecer de primeira man o que está acontecendo na escola cos seus fillos: ver as actividades que realizan día día, informarse sobre os principios pedagóxicos que se seguen, aprender sobre actividades a realizar cos seus fillos..., en definitiva, ter unha idea global do que fan os seus fillos e fillas nas escolas día a día.

En educación primaria quizais poida ter moitos máis usos, pero na etapa anterior, en infantil, estas funcións son bastante máis pechadas, pero non por iso peores. Xa que, para min é unha ferramenta moi potente de comunicación coas familias, ademais de un recordo para o futuro. 

Por outra banda, penso que representa un aforro en canto a papel, algo moi positivo para o medioambiente, xa que non se necesitan imprimir, por exemplo, vintecinco libros, senón que calquera pai, nai, tutor, familiar ou coñecido pode acceder a el en calquera momento e conseguir información de primeira man sobre as clases e a vida de aula dos seus pequenos e pequenas.

Como xa o expresei con anterioridade, eu posiblemente: incluiría avisos, anuncios sobre actividades ou acontecementos interesantes para os pequenos, recursos propios ou enlaces a outros que fosen interesantes para levar a cabo na aula ou nas casas, novidades en canto a lexislación no referente a educación e mesmo consellos. Todo isto dentro dunha estrutura clara, que non leve a equivocos e que invite a ser consultada.

Por outra parte, o feito de que sexa unha web aberta (aínda que tamén se pode restrinxir) permite compartir información con compañeiros e que ti consultes a dos demais. Sendo desta maneira unha ferramenta moi interesante para a procura de información.

Imaxe de "InnovArte Educación Infantil"
Para min un blog en galego que merece moitos eloxios pola súa boa realización e pola súa constancia é o de InnovArte Educación Infantil. Nel podemos atopar artigos de todo tipo en carpetas denominadas: ActulizArte, AlfabetiArte, CativArte, ContArte, EmocionArte, EncienciArte, FamiliarizArte, FormArte, InformArte, LexislArte, MirArte, MusicArte, PremiArte, RebelArte e TicArte. Este blog que leva dous de andanza e que foi creado polas irmáns Ángeles Abelleira e Isabel Abelleira, é digno de seguir funcioando moitos máis anos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario